Reloxos «Savar»


Cabaleiro de remonte manual con calendario e movemento FHF-ST 96-4 (N.O.S.)

A marca «Savar» proven do acrónimo dos apelidos do seu fundador, Santos Varela, quen a partires do seu almacén de reloxaría comenza nos anos 50 coa distribución de reloxaría grosa baixo esta marca. Estes reloxos práctico/decorativos de parede, antesala, etc. estaban fabricados por «Relojes Pharoreks» (nos seus inicios Industrias Pardillo) con movementos de orixe alemán. É o seu fillo Benilde Santos quen colle as rendas do negocio familiar nos anos 60 e faino medrar coma la escuma coa venda dos seus propios reloxos e coa distribución dos reloxos (espertadores e de sobremesa) da marca portuguesa «Reguladora» para media España e norte de Portugal.
Posteriormente, e fabricados pola súa representada «Reguladora», de Portugal, comeza a comercialización, baixo a súa marca «Savar», de reloxos de sobremesa ou cheminea e espertadores. Os espertadores, nalgún momento pasan a ser fabricados, descoñezo se simultaneamente ou en substitución dos «Reguladora» e se foron fabricados por «Micro» o foron montados na Coruña, con movementos de «Micro».

É a finais dos 60 ou primeiros 70 cando a empresa comeza a montar reloxos de pulso con movementos suízos e franceses, poñéndolles a súa marca. o negocio funcionaba razoabelmente ben mais sen ser para tirar foguetes. A empresa comeza a medrar cunha política de sobreproducción baseada no seguiente; segundo contan reloxeiros da época, algún coruñés, o representante de Savar e Reguladora leváballe un modelo e dicíalle: «Este reloxo ten un P.V.P de 2 500 ₧ e un P. Neto de 1 750, mais si mercas 20 facémosche un 20% adicional e queda en 1 400, mais se mercas 100 o desconto adicional é do 40%, quedando o custo en 1 050 ₧.». Desta maneira, o minorista reloxeiro, conseguía unha gran marxe de beneficio; mais había que darlle saída a tan grande stock, así que o primeiro que facía era reservarlles o mellor lugar do escaparate, dándolle moita presencia a esa marca; en consecuencia, se paseas pola rúa das xoiarías e no mellor de cada unha ves un «Savar» acabas mercando un «Savar».
Con todo isto D. Benilde Santos comezou a producir reloxos de boa calidade e a vendelos en grandes cantidades formando un pequeno imperio onde montaba os reloxos na rúa San Andrés nº 15 de A Coruña nun local de aprox. 400m2 que agora acolle unha oficina do Banco Santander na planta baixa e outras oficinas nas dúas plantas superiores.

Mais as veces as historias bonitas teñen un final triste....

D. Benilde Santos, que, por aquela época xa era moi adiñeirado, foi convidado a pasar a noite no Gran Hotel da Toxa, Hotel Balneario e Casino e foi unha mala idea aceptar...

Benilde gaña no casino a nada desprezable cifra de 20 millóns de pesetas, non esquezamos que estamos a finais dos 70 (o casino da Toxa foi inaugurado o 2 de xuño de 1978, sendo o primeiro casino en España en abrir trala guerra civil), época na que o billete que máis circulaba en todo o país era o de 100 pesetas (0,60€) e que un piso familiar normal custaba, por aquel tempo, arredor de 1millon de pesetas.

En mala hora tivo a «sorte» de gañar ese diñeiro tan fácil, xa que ao ver o «sinxelo» que era gañar os cuartos volveu unha e outra vez o casino, propiedade do seu conterráneo Barrié de la Maza, e incluso viaxou os casinos de Estoril, Madrid ...

Perde finalmente toda a súa fortuna e acaba morrendo na máis absoluta pobreza. Contaba, de modo anecdótico, un amigo del, co que fixera negocios, como pasaba polo seu taller para pedirlle un pitillo «polos vellos tempos».

Unha historia que tivo un final triste pero que deixa un legado de moitos e bos reloxos cunha historia detrás, que aínda están funcionando... historia á que tentaremos darlle a volta, devolvéndolles o bon nome que tiñan os «Savar», reloxos que agora leva xente famosa en Galicia como Luis Zahera, Luis Iglesia ou Ricardo de Barreiro actores galegos, coma o seu reloxo.


Os movementos.

As referencias que teño indícanme que se usaron movementos e/ou «ébauches» de:

Catro cadetes de remonte manual con data, movemento FE 140-1B (N.O.S.)



Á esquerda un deseño que lembra o Omega Dinamic, con máquina FE 140 e  un «carré» dourado, modelo París, con máquina FE 233 60, ambos de remonte manual e estado N.O.S.


Dous clásicos cabaleiro, o da esquerda manual con calendario y movemento Unitas 6425, o da dereita un automático (N.O.S.) con calendario e movemento ETA 2452


Dous «fantasía» N.O.S, probabelmente dos 70, o dourado con máquina FHF-ST 69N e o ovalado con máquina FHF 73-4N


Dous «rectangulares» N.O.S., probabelmente dos 70, o azul con máquina Sefea 36 (INT, FHF 36) e o branco con máquina FHF 73-4N


Dous dama de remonte manual, o de enrriba, con calendario, é imposíbel abrilo, o de embaixo leva unha máquina FHF-ST 69N, ambos N.O.S


Cabaleiro manual con data, con máquina AS-ST 1950/51 (F6)


En lista de espera para o reloxeiro, o estilo «diver» con máquina de remonte manual FHF-ST 96-4 e o da dereita un automático con máquina ETA 2789


Máquina «Micro»
Nota: todas as fotos corresponden a reloxos da miña colección persoal.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reloxos «Pharoreks»

Reloxos «Varcar»