Postal dos anos 90 na que se ve o edificio no que se atopaban as instalacións de Santos Varela (Savar) Próximos xa (sen dramatismos) a ter que desprazarme a la parada do bus que me levará definitivamente a ningún sitio, apetéceme ir deixando algunhas cousas ordenadas, entre elas, os datos da miña colección de reloxos anellos (detesto a expresión «vintage») e moi especialmente, que é o que ven o caso, a miña subcolección de reloxos galegos. Esta é unha colección moi querida para min polo que supón o feito de seren marcas galegas . Se ben aínda existen marcas de orixe galega, son recentes e o capital tras elas vai moito tempo que xa non é galego, ademais estas outras marcas, son iso, marcas, montados por outros fabricantes, e non como, por exemplo, os Savar que eran montados nos seus propios obradoiros en Santa Catalina na Coruña. Por estas páxinas desfilarán marcas como (por orde alfabética) Cuervo y Sobrino, El Desengaño, Fersay, Savar e Varcar