A reloxería galega
![]() |
|
Postal dos anos 90 na
que se ve o edificio no que se atopaban as instalacións de
Santos Varela (Savar)
|
Próximos xa (sen dramatismos) a ter que desprazarme a la parada do bus que me levará definitivamente a ningún sitio, apetéceme ir deixando algunhas cousas ordenadas, entre elas, os datos da miña colección de reloxos anellos (detesto a expresión «vintage») e moi especialmente, que é o que ven o caso, a miña subcolección de reloxos galegos.
Esta é unha colección moi
querida para min polo que supón o feito de seren marcas galegas. Se ben aínda existen marcas de orixe galega, son recentes e o capital tras elas vai moito tempo que xa non é galego, ademais estas outras marcas, son iso, marcas, montados por outros
fabricantes, e non como, por exemplo, os Savar que eran montados nos seus
propios obradoiros en Santa Catalina na
Coruña.
Por estas páxinas desfilarán marcas como (por orde alfabética) Cuervo y Sobrino, El Desengaño, Fersay, Savar e Varcar

Comentarios
Publicar un comentario